domingo, 22 de junio de 2014

Festa de clausura do Proxecto Peciños

Rematamos o proxecto cunha festa moi especial. 
Este acto terá lugar o vindeiro domingo, día 22 de xuño a partires das 17:30h na Praza do Inferniño (no Ensanche A).
Ás 17:30h realizaránse diversas intervencións no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero que amosarán cómo foi o proxecto. Tamén farase entrega dos diplomas e o premio ao gañador do concurso "Como ves o deporte inclusivo?" e se dará comezo ao peche oficial do Proxecto.
A partires das 18:00h tódolos nenos poderán participar en diversas actividades lúdicas e de deporte inclusivo na Praza de Porta Nova. Algunhas destas actividades son inchables, globofexia, maquillaxe infantil, xogos, boccia, baloncesto en cadeira de rodas e moitas sorpresas máis. Tamén teremos expostas as obras do concurso na sala de exposicións do Carvalho Calero. Tódalas actividades finalizarán ás 20:30h.

Non vos perdades a festa. Esperámosvos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario