Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria dos centros educativos que participaron no proxecto, incluidos os nenos e nenas que non participaron nas actividades propias do proxecto.
2. Ata qué día podemos entregar as obras?
Pódense entregar ata o día 10 de xuño.
3. Onde deixo a miña obra?
As podedes deixar no voso centro educativo, enviala por correo electrónico ou deixala na oficina de Ferrol da ASCM. Aquí tedes o enderezo:
Rúa Fernando VI, Bloque 2,
Baixo 18-19
15403 Ferrol (A Coruña)
Telf: 981351430
Correo electrónico: dinamizacionascm@gmail.com
Horario de oficina: 10:00 a
14:00h y de 16:00 a 20:00h.
4. Teño que dar os meus datos?
É imprescindíbel ou non saberemos cál é a obra de quén.
Os nenos e nenas
participantes deberán aportar os seguintes datos na súa obra ou adxunto á
mesma. Os seus datos deben ser claros e visibles:
-
Nome e apelidos do participante
-
Teléfono de contacto
-
Nome do centro educativo ao que pertence o
participante
-
Idade, curso, e aula.
5. Qué tipo de obra poido presentar?
- Plástico-visuais: cómic, debuxo e pintura, mosaico, modelismo (plastilina, barro, cerámica, pasta de papel...), colaxe, fotografías, vídeos, etc.
- Literario e verbal: cancións, contos e relatos, poesía, etc.
6. Qué teño que amosar coa miña obra?
- Plástico-visuais: cómic, debuxo e pintura, mosaico, modelismo (plastilina, barro, cerámica, pasta de papel...), colaxe, fotografías, vídeos, etc.
- Literario e verbal: cancións, contos e relatos, poesía, etc.
6. Qué teño que amosar coa miña obra?
Tes que facer unha obra que amose a forma na que coñeces diversos xogos e deportes onde participen persoas con discapacidade xunto con persoas sen discapacidade.
7. Cáles son os requisitos que ten que ter a miña obra?
-
Só se acepta unha obra por alumno/a.
-
Non se pode elaborar unha obra en grupo, este
é un concurso individual.
-
Tódalas obras literarias e verbais teñen que
estar en lingua galega.
-
A extensión dos escritos non pode ser maior dun folio
(A4).
-
Os materiais audiovisuais non poden superar
os 10 minutos.
-
As obras escritas teñen que estar en letra impresa,
clara e sinxela, sen tipografías moi decoradas.
8. Cómo se avalían as obras?
As obras presentadas
avaliaránse por un grupo de persoas da ASCM creado para elixir aos gañadores do
concurso. O xurado constará de:
-
A xerente da ASCM
-
Dúas persoas pertencentes ao persoal da ASCM
-
Dous voluntarios da ASCM
A avaliación levaráse a cabo
en dúas fases. Na primeira fase se escollerán cinco obras como finalistas e na
segunda fase se elixirá ao primeiro gañador, xunto co segundo e terceiro gañador.
9. Qué se vai a ter en conta?
-
Creatividade
-
Orixinalidade
-
Innovación
-
A dificultade do traballo
-
A dificultade das técnicas empregadas
-
O uso dos materiais, especialmente o emprego
de materiais reciclados e reutilizados.
10. Cándo se dan a coñecer os gañadores?
Os gañadores se darán a coñecer
o venres 20 de xuño de 2014 no blog do
proxecto e aos tres gañadores se lles comunicará a nova por teléfono. O domingo 22 de xuño faranse públicos durante o acto de clausura do proxecto.
11. Qué premio terán os gañadores?
Os tres elixidos obterán un
premio por crear as tres mellores obras. O premio está aínda por concretar.
A entrega dos premios
realizarase durante unha festa infantil que dará por finalizado o proxecto. Este
acto de peche do proxecto realizarase o domingo 22 de xuño de 2014 dende as
17:30h ata as 20:30h. Os gañadores faránse públicos ás 17:30h no salón de actos
do Centro Cultural Carvalho Calero. A continuación os nenos e nenas poderán
disfrutar de diversas actividades lúdicas y deportivas na Praza do Inferniño.
¡¡¡ESPERAMOS AS VOSAS OBRAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario