viernes, 4 de abril de 2014

"Peciños" na "Semana de Acercamiento a la Realidad" do CPR La Salle

Seguimos con máis novas!! O CPR Plurilingüe La Salle  publicou na súa web unha noticia sobre a xornada que o noso Proxecto "Peciños" realizou dentro da "Semana de Acercamiento a la Realidad" (P.A.R). Esta iniciativa do centro educativo consiste en adicar unha semana ao achegamento a diferentes colectivos sociais, como persoas maiores, persoas xordas, discapacidade física, inmigración, comercio xusto, persoas sen teito, etcétera. Nós entramos na xornada de achegamiento á discapacidade física. Agradecemos ao Irmán Jorge e aos mestres participantes a  súa acollida e que nos integrasen nas actividades desta semana tan especial.

Os deixamos o enlace á nova na súa páxina web. Que disfrutéis das divertidas imaxes tanto coma nós!!

Web do centro


No hay comentarios:

Publicar un comentario