miércoles, 12 de marzo de 2014

Bases do concurso do Proxecto Peciños

No concurso do Proxecto Peciños: "Cómo ves o deporte inclusivo?" os nenos e nenas deben plasmar a través da súa obra a forma na que ven e comprenden as diversas actividades psicomotrices inclusivas, nas que participen conxuntamente persoas con discapacidade e persoas sen discapacidade.
Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria dos centros participantes no Proxecto poden presentar diversos materiais para o concurso.
Para obter máis información vos deixamos as bases do concurso, que tamén enviaremos por correo electrónico aos centros educativos. Para ver ou descargar o arquivo .pdf premer aquí.

Información importante: Poderán participar tódolos nenos e nenas de Educación Primaria dos centros participantes no Proxecto Peciños, independentemente de si participaron ou non nas actividades propias do Proxecto.

Podedes deixar as obras no voso centro educativo ou na oficina da ASCM en Ferrol. Aquí tedes a dirección:



No hay comentarios:

Publicar un comentario