Mostrando entradas con la etiqueta cartel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cartel. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de junio de 2014

Festa de clausura do Proxecto Peciños

Rematamos o proxecto cunha festa moi especial. 
Este acto terá lugar o vindeiro domingo, día 22 de xuño a partires das 17:30h na Praza do Inferniño (no Ensanche A).
Ás 17:30h realizaránse diversas intervencións no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero que amosarán cómo foi o proxecto. Tamén farase entrega dos diplomas e o premio ao gañador do concurso "Como ves o deporte inclusivo?" e se dará comezo ao peche oficial do Proxecto.
A partires das 18:00h tódolos nenos poderán participar en diversas actividades lúdicas e de deporte inclusivo na Praza de Porta Nova. Algunhas destas actividades son inchables, globofexia, maquillaxe infantil, xogos, boccia, baloncesto en cadeira de rodas e moitas sorpresas máis. Tamén teremos expostas as obras do concurso na sala de exposicións do Carvalho Calero. Tódalas actividades finalizarán ás 20:30h.

Non vos perdades a festa. Esperámosvos!!



martes, 27 de mayo de 2014

Cartel da festa de clausura

Aquí temos o cartel da festa de clausura do Proxecto Peciños.
Se tedes calquera dúbida podedes enviar un correo electrónico a dinamizacionascm@gmail.com ou chamar ao teléfono 981351430.

¡Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e o voso interés!